Sthela Táboas 29/10/2021

Durante a visita tratáronse posibles convenios de colaboración coa empresa do grupo Motherson, tanto no eido educativo como no laboral

A Alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a concelleira de Benestar Social, Angela Ledo, visitaron o pasado xoves a empresa SMRC, ubicada no termo municipal de Salcedo na zona do Cerquido.

SMRC do grupo Motherson está considerada unha empresa socialmente responsable, preocupada polo benestar social, o coidado do medioambiente e a saúde das persoas traballadoras. Nesa de responsabilidade social colaborará na campaña de Nadal que levará a cabo o programa de alimentos que xestiona o concello e que acolle a máis de corenta familias.

Por outra banda  a empresa recibíu positivamente a proposta de colaboración co programa de reforzo escolar que ten previsto por en marcha o concello de Salceda, para nen@s de familias en situación ou risco de exclusión social. Un programa no que se está a traballar co obxectivo de que estes menores escolarizados en Salceda que presentan carencias a nivel escolar e vulnerabilidade económica e social, deixen atrás esta desvantaxe socioeducativa, agravada pola pandemia.

Nesta mesma xuntanza tratouse tamén a posibilidade establecer un convenio de colaboración nalgún dos programas de emprego e formación levados a cabo polo Concello, co fin de favorecer a integración no mercado laboral das persoas desempregas que participan nestas accións formativas.

A visita finalizou cun percorrido  polas instalacións nas que a alcaldesa estivo acompañada tamén polo responsable de recursos humanos e o director da planta de Salceda, na que un alto porcentaxe da súa plantilla son veciñ@s do municipio.

A concelleira de Benestar Social, Angela Ledo, quiso resaltar “a importancia da colaboración do sector empresarial nas iniciativas sociais que se desenvolven dentro do noso municipio”. A alcaldesa e concelleira de Formación e Emprego, Verónica Tourón, destaca “a excelencia do traballo que desenvolve esta entidade da nosa localidade, manténdose fiel aos seus principios e valores de orixe, exercendo unha constante responsabilidade social”.

1 pensamiento a “A alcaldesa de Salceda visita e empresa SMRC Automotive Interiors Spain

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad