Sthela Táboas 28/10/2021

Dende o mediodía do domingo 31 de outubro ata a media noite do luns 1 de novembro, centos de cabazas decoradas polos nen@s estarán expostas nas rúas porriñesas

A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño informan de que xa se remataron os preparativos do Samaín 2021, en colaboración cos centros educativos do municipio.

Este venres procederán a recoller as preto de 500 cabazas decoradas pol@s alumn@s de Primaria dos colexios do Porriño que participan nesta actividade.

As cabazas decoradas polo alumnado estarán expostas polas rúas da vila dende o mediodía do domingo 31 de outubro, ata a media noite do luns 1 de novembro, intre no que os nen@s que queiran recuperar as súas cabazas poderán recollelas. O Concello recollerá o resto para a súa reciclaxe.

Este ano os centros educativos participantes son o CEIP Fernández López, CEIP Atios, CEIP Cruz-Budiño, CEIP Ribeira, CPR Santo Tomás, CPR Hermanos Quiroga, así como as asociacións ACEESCA e AFAGA.

Por outra banda, a Noite do Calacú, evento que cumpre este ano a súa décimo quinta edición e no que colabora o Concello de Porriño coa AAVV de San Benito e San Sebastián, foi aprazado pola mala previsión meteorolóxica. Os organizadores decidiron adiar a festa para o seguinte sábado, 6 de novembro.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad