Sthela Táboas 28/10/2021

Tras gañar novamente o Campionato Mundial de Vídeos de Buceo Submarino, a Administración provincial quiso por en valor o éxito dos logros acadados nos eixos deportivo e de divulgación dos valores naturais

A Deputación de Pontevedra rendeu unha homenaxe a Pilar Barros e Jorge Candán, polos éxitos obtidos no Campionato Mundial de Vídeos de Buceo Submarino, que gañaron recentemente por terceira vez, así como no campionato estatal, no que se colgaron a súa sexta medalla de ouro.

O encargado de recibilos foi o deputado de Deportes, Gorka Gómez, quen amosou o agradecemento de toda a institución polos éxitos obtidos, xa que os seus logros son un reflexo de que “a nosa provincia é unha potencia nacional e internacional do deporte en moitísimas disciplinas”.

Gorka subliñou que o traballo que levan a cabo ambos -para o que contan con cadansúa beca “Depo Dan”- tamén ten como obxectivo o desenvolvemento sustentable. “Hai que poñer en valor que esta actividade deportiva sirve para trasladarlle á xente, sobre todo á máis nova, a importancia de coidar o medio ambiente, neste caso os océanos”, afirmou o deputado provincial para quen esta disciplina cobra especial relevancia “nunha provincia onde o mar é o noso referente e nunha comunidade autónoma, na que é o medio de vida para moitas familias”.

Pola súa banda, Jorge Candán agradeceu o recoñecemento feito pola Deputación e insistiu en que o seu traballo se basea na divulgación dos valores naturais. “En Galicia sabemos que se valora moito o mar dende un punto de vista económico e da tradición mariñeira, pero non está tan divulgado dende o punto de vista biolóxico e como valor natural”. Gorka Gómez sentenciou que “estamos nunha situación de emerxencia climática e entre tod@s temos que coidar do noso planeta”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad