Sthela Táboas 20/10/2021

Tratouse sobre a partida orzamentaria dedicada a persoal, e escoitouse aos representantes dos sindicatos para sopesar posibles melloras e modificacións na Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal,respecto das cales os sindicatos realizaron as súas aportacións

Esta mañá celebrouse unha reunión cos representantes de parte dos sindicatos do Concello de Mos, CCOO e CSIF, na que estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo; a concelleira de Persoal, Julia Loureiro; o Secretario Municipal, Carlos Piñeiro Sarmiento; e a Interventora, Sonia Dapena Lois.

O motivo da xuntanza foi tratar cos representantes sindicais a partida de persoal no orzamento municipal para o próximo ano 2022, no que o equipo de goberno local, encabezado pola rexedora Nidia Arévalo, se atopa traballando. Desde o goberno quíxose escoitar as propostas e aportacións sindicais a este respecto, para telas en conta na confección do documento orzamentario, que lles detallarán aos sindicatos nunha nova Mesa de Negociación Sindical convocada xa para comezos do vindeiro mes de novembro.

Durante o encontro desta mañá,tratáronse posibles melloras e modificacións na Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal, sobre as que os sindicatos realizaron as súas aportacións.

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, expresou hoxe a súa “satisfacción ante o diálogo e capacidade de negociación coa Mesa de Negociación Sindical respecto do vindeiro orzamento de 2022”. Rexedora local e edil de Persoal, expresaron que “tras a actualización do 2019, consideramos que a RPT atópase óptimamente actualizada e mellorada, aínda que sempre cabe a posibilidade de puntualizacións ou pequenos detalles que se poden pulir, por iso estamos abertos a considerar as aportacións dos sindicatos”.

A última actualización da Relación de Postos de Traballo fíxose en 2019 ante a existencia na plantilla local de novas situacións laborais que non se recollían na Relación de Postos de Traballo do Concello de Mos, cuxa anterior modificación fora aprobada definitivamente en sesión plenaria de 25 de abril de 2016. A alcaldesa de Mos e os concelleir@s do Concello de Mos atópanse mantendo reunións co departamento de Intervención para confeccionar o orzamento municipal para o vindeiro ano 2022, que esperan poder entregarllo próximamente aos grupos políticos da oposición para que poidan estudalo e posteriormente será levado a aprobación no Pleno,antes de que remate o presente 2021.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad