Mónica Romero 15/10/2021

Por vez primeira, unha selección de curtas premiadas no Festival de Cans, proxectaranse nas parroquias do Concello de O Porriño. “CinemAldea” celebrarase todas as fins de semana durante un mes, comezará esta fin de semana en Atios e Budiño, con entrada gratuita. Agardan poder extender este proxecto aos concellos limítrofes

O Festival de Cans e a Concellaría de Cultura do Concello de O Porriño, botarán a andar desde esta fin de semana o proxecto “Cinemaldea”, coa intención de achegar o cinema a todas ás parroquias do Concello. A primeira idea será difundir nestas áreas rurais unha selección das curtametraxes premiadas na última edición do certame.

Este proxecto xorde no marco do convenio de colaboración asinado entre o Concello e o Festival de Cans, polo que este último asume a coordinación destas proxecións, co obxectivo de facer o cinema accesible a todas as áreas rurais. Ó mesmo tempo, o proxecto busca consolidar unha programación de cinema ó longo do ano, máis alá das datas de celebración do Festival de Cans.

Para botar a andar esta novedosa iniciativa, que terá lugar por vez primeira, a Concellaría de Cultura do Concello de O Porriño abriu inicialmente un período de inscrición para todas as asociacións que quixesen sumarse ó proxecto. Nove foron as asociacións inscritas para participar na iniciativa, que estará presente en sete parroquias diferentes ó longo dun mes, entre mediados de outubro e mediados de novembro.

En cada sesión de arredor de 75 minutos, poderán verse catro das curtametraxes que acadaron os principais premios en Cans, así como “Cans con máscara”, o documental de Isaura Docampo, sobre a anterior edición do certame. As catro curtametraxes que poderá ver o público son “Monte Bravo” de Noelia Muíño, que levou o Premio do Xurado á Mellor Curta, e o Premio Crea á melllor dirección, “Homeless Home” de Alberto Vázquez, Mellor Curta de Animación e unha das obras do ano, que mesmo foi finalista dos Premios Goya, “O Son da Balea” de Daniel Súarez-Rubini, que levou o Premio do Público, e “Deux Options” do rosaleiro Gon Caride, que levou dous premios, o de Mellor Guión AGAG, e o da mellor interpretación ex-aequo para os dous actores protagonistas, Jan Soja e Noël Faur.

Esta fin de semana terán lugar as primeiras sesións de proxecións. Este venres, 15 de outubro, botará a andar “CinemAldea” en Atios, na Asociación Cultural Os Penediños ás 19,30 horas, mañá sábado será o turno da Asociación Casal-Chan en Budiño ás 21,00 horas e o domingo tamén en Budiño na Forna, ás 19,00 horas. Os vindeiros 23 e 24 de Outubro, terá lugar en Mosteiro (Budiño) e en Cans, continuando en Chenlo o 6 de novembro, en Mosende o 7 de novembro, Carracido o 13 de novembro e rematarán en Torneiros o 14 de novembro.

A entrada a cada sesión de proxeción será gratuita, sempre co aforo limitado ó protocolo Covid vixente, e accederase por orde de chegada a través dunha inscrición previa dos datos de cada persoa, que se fará no lugar da proxeción media hora antes de cada sesión

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad