Sthela Táboas 13/10/2021

A directora da Piscina Municipal informa que “se retomaron as clases das ANPAS, as de natación, aquagym e Pilates”

Como consecuencia do alivio nas restricións debidas á pandemia, a Piscina Municipal do Porriño recupera a normalidade no seu funcionamento, informando da incorporación de cursos e clases para diferentes grupos de idade.

Dende fai uns días habilitáronse as clases de iniciación á natación para bebés, dende os 6 meses ata os 18. Do mesmo xeito, tamén se imparten clases de natación para nen@s a partir dos 3 anos.

Por outra banda “tamén se retomaron as clases con grupos de alumnos a través das ANPAS, así como as clases de natación para adultos e maiores, aquagym e Pilates” segundo a directora da Piscina Municipal, Belén Pazos.

Finalmente lembramos o horario de funcionamento das instalacións:

– Luns: de 7.00 a 22.00 h.

– Martes: de 7:00 a 22:15 h.

– Mércores: de 07:00 a 22:00 h.

– Xoves: de 07:00 a 22:15 h.

– Venres de 7:00 a 14:00 h e de 15:45 a 22:15 h.

– Sábados: de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:30 h.

– Domingos: de 10:00 a 14:00 h.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad