Será este mércores ás 19:30 h na igrexa de San Domingos
Este mércores, 13 de outubro, comeza o ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui, coa colaboración da Asociación Amigos da Catedral, para conmemorar o 450 aniversario da Batalla de Lepanto.
O profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Hortensio Sobrado Correa, disertará sobre “A batalla de Lepanto, contexto histórico”. Será ás 19:30 h na igrexa de San Domingos.
Ciclo de conferencias
- Mércores, 13 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto, contexto histórico” por Hortensio Sobrado Correa, profesor da USC
- Martes, 19 de outubro, ás 19:30 h “A devoción a Nosa Señora do Rosario e as súas confrarías na Galicia do Barroco” por Domingo González Lopo, profesor USC
- Martes, 26 de outubro, ás 19:30 h “A batalla de Lepanto na literatura española” por Dolores Balseiro, profesora ensino medio
- Mércores, 3 de novembro, ás 19:30 h “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” por Francisco Javier Novo Sánchez, profesor USC.
- Martes, 9 de novembro, ás 19:30 h “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu remoto eco no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui” por Suso Vila, historiador.
Programa de actividades con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto
Visitas guiadas:
- Domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro ás 18:00 h
Todas as actividades terán lugar na propia igrexa de San Domingos, contando coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui.
A asistencia é libre e de balde pero recoméndase inscrición previa no correo electrónico: biblioteca@tui.gal ou presencialmente na propia Biblioteca Municipal (Edificio Francisco Sánchez – antiga Area Panorámica, rúa Colón, 2).