Mónica Romero 11/10/2021

Será este mercores ás 18 h na Biblioteca Municipal. É recomendable inscrición previa

“Contacontos de libros contentos” é o título do contacontos que Carmen Domech achega este mércores, 13 de outubro, ás 18 h á Biblioteca Pública Municipal de Tui. Esta actividade forma parte do programa do Mes da Biblioteca que comezou o pasado 22 de setembro e continuará até o 25 deste mes.

O contacontos destes mércores vai dirixido especialmente a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Nesta sesión Carmen Domech exporá as cousas fantásticas que contan os libros, sucesos incribles de libros tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos…

Para participar recoméndase inscrición presencialmente na Biblioteca Municipal de Tui ou no seu correo electrónico biblioteca@tui.gal

Carmen Domech comezou en 1987 a súa andaina no ámbito da literatura infantil e da animación á lectura como membro fundador e activo do Seminario de Animación a la Lectura y Literatura Infantil de la Escuela de Animación de la C.A.M. Ten participado na organización de ciclos de conferencias e cursos sobre literatura infantil e animación á lectura.

Como membro do colectivo Dingolondango, ao longo de sete anos, a súa actividade principal centrouse na realización de obradoiros e de contacontos dirixidos a rapaces/as, e de cursos de formación para monitores de tempo de lecer, profesores e bibliotecarios.

Na actualidade, Carmen Domech realiza sesións de contacontos en colexios, bibliotecas, concellos, centros culturais… e, dende 1993, forma parte da compañía de títeres CACHIRULO, na que realiza funcións de deseño e construción de monicreques e manipulación.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad