Sthela Táboas 01/10/2021

Celebrarase no pavillón  deportivo do CEIP Xosé Fernández  López  dada a adversidade meteorolóxica prevista

Aínda que poderá asistir o público, este será con aforo limitado

A Concellería de Festexos do Concello do Porriño comunicou que, tendo en conta as previsións meteorolóxicas adversas para este sábado día 2, a final do Concurso “Trivium Porriño” trasladarase ao pavillón deportivo do Colexio Xosé Fernández López.

Aínda que poderá asistir o público, este será con aforo limitado.

A final xogarase entre as 18:00 e as 20:30 h de mañá, coas catro parellas que obtiveron a súa clasificación nas quendas disputadas con anterioridade.

Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. A segunda parella clasificada  leva 200 € e para a terceira 100 €.

“TriviumPorriño” é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para poñer a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre O Porriño.

Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento. “Trivium Porriño” é unha nova proposta de lecer durante as Festas do Cristo que fai a Concellería que dirixe Cami Moreira, organizada pola OMIX do Porriño e coa colaboración da produtora “Especialistas Hípica Celta”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad