Sthela Táboas 29/09/2021

O festival desenvolve esta acción xunto coa empresa de papelería Carlin, que apoia esta iniciativa de entregar 15 vales para mercar material escolar por un valor de 20 € cada un

A organización abre unha convocatoria para crear un “viveiro de colaboradores” con todas @s nen@s da aldea que teñan 8 anos cumpridos en 2022, e queiran comezar a colaborar nas vindeiras edicións do certame

O Festival de Cans fixo entrega esta semana de vales de material escolar para 15 nenas e nenos da aldea que habitualmente colaboran co festival, ou ben que viven en casas que as súas familias ceden para levar a cabo o certame.

Este ano, a organización incorporou a 6 moz@s que xa cumpriran os 15 anos, e decidiu prescindir dos de menor idade para evitar riscos derivados das circunstancias da Covid, e manter a seguridade como máxima prioridade.

Malia que @s nen@s mais pequenos non participaron no festival, desde a organización optouse por continuar facendo un esforzo para seguir coa entrega habitual de vales para mercar material escolar, e poder axudar tamén ás familias. En total, serán  15 vales para mercar material escolar por un importe de 20 €, na cadea de papelerías Carlin, empresa que apoia esta iniciativa.

É o sexto ano consecutivo que Cans desenvolve esta iniciativa, tratando de que o festival sexa unha plataforma que poida colaborar na donación de material e que contribúa a axudar na educación destes nen@s.  Todos estes rapaces, ou as súas familias, son colaboradores habituais do festival desde hai xa varios anos, onde desenvolven labores que van desde guiar e orientar nos camiños a todo o público que ven ó Festival de Cans.

Pouco a pouco, moit@s destes nen@s, van coñecendo a estructura do festival, e desenvolvendo labores de maior responsabilidade, sumando moit@s deles xa máis de 10 anos traballando na organización. Este ano, 7 moz@s de mais de 18 anos incorporáronse á estructura do festival, seguindo deste xeito unha cadea de aprendizaxe dentro da organización.

O Festival de Cans segue unha fórmula organizativa onde os nen@s máis pequenos van sendo coordinados por outros maiores, e estes á súa vez son tutelados por persoas adultas, coñecedoras da dinámica do festival. Deste xeito vanse rotando en cada edición para coñecer un por un, os departamentos do festival, coa esperanza de que eles sexan os que asuman a organización no futuro.

Algunhas e algúns destes rapaces tamén participan en cada edición no xurado dos veciños, para darlles a oportunidade de visionar todas as curtametraxes a concurso e aportar a súa propia opinión, cun grupo de persoas de maior idade coas que o festival promove unha relación de respecto interxeneracional.

Para todas @s nen@s da aldea maiores de 8 anos ou que cumpran esta idade no ano 2022, e queiran participar en vindeiras edicións do Festival de Cans, a organización abre desde esta semana unha convocatoria. Os seus pais ou tutores poderán contactar coa organización e inscribilos a través das redes sociais do festival, por mensaxe privada. O festival convida e estimula a estes rapaces para que asistan ás proxecións, ós obradoiros que se organizan, e adquiran tamén os primeiros coñecementos para aprender a ver o cinema. Coordinados pola veciña de Cans Rosa Bernárdez, a intención do festival é activar a participación destes nen@s, dun xeito didáctico e educativo, de xeito que se identifiquen co festival e adquiran valores como a igualdade, a solidariedade, a conservación do patrimonio histórico e natural ou o traballo en equipo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad