Sthela Táboas 29/09/2021

Trátase dos catro locais destinados a servizos municipais sitos na rúa Antonio Palacios -edificio Roxy- que seguen lóbregos dende 2017

O grupo EU Son denuncia a inactividade de locais municipais aos que non se lle da o uso para o fin polo que foron mercados, explicando que “en  xullo do 2017 arrendáronse a un prezo de  53.204,10 € anuais, na rúa Antonio Palacios, 4 locais para Servizos Sociais e Emprego. No prezo entraba a obriga da empresa propietaria de acondicionalos no prazo de 3 meses, dende a aprobación do proxecto e a concesión da licenza”.

“O proxecto encargouse en setembro do 2017 e entregouse en xaneiro do 2018 pero non se pediu licenza, as obras non se executaron e o contrato de arrendamento resolveuse de mutuo acordo en marzo dese ano”. 

Seguindo a cronoloxía “a mediados de 2019 a empresa reclama 42.917,94 € máis intereses por impago de alugueres, porque as facturas foron rexeitadas, ao mesmo tempo que tamén se pecha a venda por 565.000 €, negocio redondo”.

Na actualidade “os locais están como estaban, sen as dotacións que se precisan para poder instalar os servizos municipais, que o funcionariado traballe en condicións dignas e @s veciñ@s se atendan en mellores condicións de accesibilidade, a pé de rúa”, e subliñan “haberá que facer as obras, e pagalas”.

“Para agravar a situación, a  alcadesa  ten que asinar un decreto o 24/09/21 para pagar 19.329,52 € gastos de comunidade e derramas, algo lóxico porque son propiedade municipal” matizan dende EU Son. Ante esta situación, o grupo de oposición resume “atopámonos con máis de 600.000 € gastados e sen poder dispor dos immobles para o uso para o que foron alugados e logo mercados” e lembra que “o peor é que esta historia repítese co local para a aula da UNED. Esta é a xestión, sen ningún respecto polo público, polos cartos de todas e todos nós. Esta é a ilusión por Porriño da señora García”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad