Sthela Táboas 26/09/2021

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, interviu como relatora neste encontro centrado nos protocolos de atención a vítimas da violencia de xénero que contou cunha trintena de asistentes

“Escoitar, apoiar e acompañar”, esta foi a máxima que se repetiu ao longo do II Congreso FEMUPO, celebrado a mañá deste sábado no Parador de Tui. A xornada, organizada pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) baixo o título ‘Protocolos de atención a vítimas de violencia de xénero’, contou coa participaron de diversas profesionais do eido da igualdade e unha trintena de asistentes, pertencentes ao tecido asociativo da federación e do Baixo Miño, así como axentes e veciños e veciñas do concello de Tui.

Este congreso, co que se conmemorou o segundo aniversario do nacemento de Femupo, tiña por obxectivo favorecer un maior coñecemento e comprensión dos protocolos, axudas, ferramentas e recursos dispoñibles para a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Tras a inauguración da man de Raquel Touriño, quen lembrou o recente asasinato machista da coruñesa Mónica Marcos e subliñou a importancia dunha veciñanza vixiante ante esta problemática social, foi a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, a encargada de abrir a quenda de intervencións. López presentou os recursos que desde a Administración poñen a disposición das mulleres vítimas de violencia machista e dos seus fill@s. Insistiu na necesidade de desterrar calquera culpa arredor delas: “O único culpable é sempre o asasino”, e de contar cunha sociedade concienciada que non mire para outro lado ante estas situacións.

A continuación, a presidenta da Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller -ASOCIM-, Montserrat González, explicou os protocolos de atención que seguen cada día nos CIM. González debullou os diferentes tipos de violencia que existen e como algúns deles, como o económico ou o que se dá a través da internet, non son todo o visibles que deberían. Así mesmo, incidiu na idoneidade dunha comunicación fluída cas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os centros de saúde para “poder crear un clima seguro para a muller”.

Nesta mesma liña, a letrada do Centro de Información á Muller de Mos, Ana Rodríguez, mostrou os pasos que compoñen os procedementos de denuncia e a relevancia de “respectar os tempos das usuarias” á hora de denunciar. A avogada recomendou que ante un caso de violencia de xénero, o primeiro que cómpre facer é derivar a esa muller a un servizo de atención especializado, como é o CIM, no que a poidan asesorala. Rodríguez lembrou como desde o Centro de Información á Muller de Mos mantiveron o teléfono activo durante as 24 horas do día nos momentos máis duros da pandemia para garantir, en todo momento, o acompañamento ás súas usuarias.

Finalmente, a presidenta da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui -Amei Tui-, Anabel Solla, puxo o broche de ouro ao II Congreso FEMUPO, convencida de que “os recursos salvan vidas” e que a loita contra a violencia de xénero non pode cinguirse a só un día ao ano. “Desde Amei Tui, homes e mulleres traballamos xuntos os 365 días do ano para lograr a igualdade real e poñer fin a violencia machista”, engadiu.

As persoas que asistiron ao encontro foron agasalladas cun broche dunha camelia elaborado pola Asociación Avelaíña, dirixida ás persoas con enfermidade mental, ás súas familias e coidadores. Para FEMUPO a colaboración con este tipo de entidades cobra gran forza, pois en palabras da súa presidenta, Raquel Touriño, “sabemos que o tecido asociativo é moi importante e que é complicado avanzar, entre todos facemos sinerxia e botámonos unha man”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad