Mónica Romero 24/09/2021

Este xoves celebrouse a reunión de organización do Consello de Participación Veciñal, presidido pola alcaldesa Verónica Tourón

Unha vez actualizado o Rexistro Municipal de Asociacións, un total de 49 asociacións do eido educativo, cultural, social, veciñal, comercial, deportivo, de montes, etc. solicitaron formar parte deste Consello. Nesta primeira reunión participaron a maior parte delas e acordouse celebrar a sesión constitutiva do consello o próximo 18 de novembro.

O regulamento de Participación Cidadá que inclúe a constitución do Consello Veciñal aprobouse por acordo do Pleno Municipal o 27/08/2020 e foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o 7 de setembro de 2020.

A pandemia impediu realizar esta sesión informativa antes e atrasar a data da sesión constitutiva do Consello de Participación Veciñal.

Na reunión debateuse o borrador de regulamento interno no que se define o Consello, a súa composición, as funcións e como van a desenrolarse as sesións, que se celebrarán como mínimo cada seis meses. A aprobación deste regulamente formará parte da orde do día da primeira sesión constitutiva de novembro.

A presidencia corresponderalle a alcaldesa Verónica Tourón, que é responsable ademais da área de Participación Veciñal e participarán no consello ademais tres concelleiros/as designadas pola alcaldesa e unha persoa representante de cada unha das asociacións.

O rexistro de asociacións segue aberto e tamén segue aberta a opción a participar no Consello, solicitándoo en calquera momento, xa que se trata dun órgano aberto.

A participación veciñal é un compromiso do goberno, considerando indispensable que os elementos dinamizadores da vida social teñan unha participación activa na vida política do Concello e actúen como complemento enriquecedor da democracia representativa.

Verónica Tourón, alcaldesa e concelleira de participación cidadá: “a pesar da época de pandemia que estamos a vivir queremos impulsar un concello aberto e democrático, fomentando a participación da veciñanza. Contar nesta reunión coa maioría das asociacións do noso concello é síntoma de que vamos no bo camiño e o consello será un órgano no que haxa un debate transparente e construtivo para mellorar a nosa vila”

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad