Sthela Táboas 24/09/2021

Todas as modificacións de última hora poden consultarse actualizadas na páxina web de Cultura

A Concellería de Festexos informa da modificación de diversos actos de hoxe, mañan e o domingo  incluídos no programa das Festas do Cristo 2021 por mor da mala previsión meteorolóxica.

Deste xeito, as novas localizacións serán:

Venres 24

– As eliminatorias do concurso “Trivium Porriño” tanto hoxe, como mañá sábado 25, trasládanse ao pavillón escolar “Fernández López”, á mesma hora -de 18 a 20.30 h-.
– Aprazamento do concerto “Classic Mitic”, en breve comunicarase nova data.

Sábado 25

– Pregón das Festas: trasládase á carpa da explanada “Roxy”. Sábado 25, ás 13.00 h.
– O concerto da Banda de Música Popular de Tui. Será na carpa da explanada “Roxy”, despois do pregón. Arredor das 13:30 h.
– VII Festival “Montando Cristo”. Trasládase ao local da AAVV San Salvador de Torneiros. E a hora de inicio é avanzada, a partir das 18.00 h.

Domingo 26

– Concerto das Tanxugueiras previsto para o domingo 26 de setembro ás 21.00 h trasladarase ao Pavillón Municipal do Porriño. A partir das 19.30 h abriranse as portas con control de capacidade. Esta actuación pertence ao Programa Musigal 2020/2021 da Deputación de Pontevedra. Hai outros cambios na localización dos eventos previstos para o domingo 26 que se poden consultar e actualizaranse na páxina web de Cultura.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad