Sthela Táboas 23/09/2021

A gala do cinema feminino, celebrada ao máis puro estilo cinematográfico, reuniu no Auditorio Centro Social Afundación de Vigo a máis de 150 persoas, e recoñeceu o traballo e talento das mulleres do audiovisual galego

As premiadas nesta primeira edición do certame da Deputación de Pontevedra e CIMA son Margarita Ledo, Noemí Chantada e Sonia Méndez

Nunha gran gala ao máis puro estilo cinematográfico, con photocall e alfombra violeta, a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) situaron hoxe ás mulleres do audiovisual galego no seu merecido primeiro plano coa entrega dosI Premios “Mulleres no Foco”, que naceron para poñer en valor o traballo feminino no sector que aínda permanece invisibilizado.

O Auditorio Centro Social Afundación de Vigo foi o máxico escenariodeste evento cheo de cine, música e sorpresas, no que Margarita Ledo, Sonia Méndez Alonso e Noemí Chantada convertéronse nas tres primeiras galardoadas por un xurado profesional de entre un total de 14 profesionais nomeadas. A cerimonia, que encheu o aforo con máis de 150 persoas en directo e que foi retransmitida por streaming, estivo conducida polas actrices Neves Rodríguez, Mela Casal e Sheyla Fariña e amenizada coa actuación musical de Guadi Galego.

Nun patio de butacas maioritariamente feminino, a cultura galega foi a gran representada na estrea destes primeiros premios, con persoas dos distintos sectores como festivais cinematográficos, colectivos do audiovisual, a xestión cultural ou cineclubs galegos. Amais, o evento contou con representantes de colectivos que traballan a prol da igualdade, do sector empresarial e social, e cunha nutrida presencia de alcaldesas e alcaldes da provincia, deputadas e deputados provinciais, así como do Parlamento galego e do Congreso ou dirixentes dos Consulados estranxeiros en Vigo.

Margarita Ledo, Sonia Méndez e Noemí Chantada recibiron de mans de Carmela Silva, a actriz Uxía Blanco e a produtora Chelo Loureiro, respectivamente, o premio “Mulleres no foco”, deseñado pola artista Pilar Alonso, que representa un vangardista carrete de cine no que destaca o emprego do metal, metacrilato e o debuxo. Amais, a presidenta e Chelo Loureiro, integrante da xunta directiva de CIMA, tamén fixeron entrega doutro agasallo, unha meninade Sargadelos, ás 14 nomeadas.

“Queremos visibilizar ás mulleres do audiovisual e recoñecelas, dixo a presidenta provincial Carmela Silva, pero tamén estamos aquí para reivindicar que se conten as nosas historias desde as nosas miradas”. Na súa intervención, a presidenta da Deputaciónsalientou “a gran revolución do audiovisual que está a vivir Galicia, onde moito dese sector está liderado por mulleres, pero fixo fincapé en que estes son tamén uns premios reivindicativos “para rachar con datos intolerables”. Neste senso, lembrou que as mulleres só ocupan o 33% dos postos de responsabilidade nos filmes españois e nos últimos seis anos a súa presencia só aumentou un 5%. Amais, as películas dirixidas por mulleres contaron cun 51% menos de orzamento que as realizadas por homes, situación que aínda é máis acusada en Galicia, cun 76% menos de presuposto e só cun 21% de longametraxes dirixidas por mulleres. “Está claro que falta a metade das miradas e por tanto nacen estes premios –afirmou-. Hai grandísimas mulleres que están a apostar porque nós esteamos presentes no cinema coa nosa mirada, que é complementaria coa dos nosos compañeiros de vida. E a verdade é que están dando moito que falar e tendo grandes éxitos, pero aínda temos moito que percorrer”. A presidenta rematou a súa intervención co poema “Somos mulleres”, de Elvira Sastre, que reflicte a loita pola igualdade e que conclúe afirmando “Porque un mundo sen mulleres / Non é máis que un mundo baleiro e a escuras. E nós / estamos aquí / para espertarvos e prender a mecha”.

Amais das tres galardoadas, foron recoñecidas as tamén nomeadas Araceli Gonda (guionista), Belén Montero (técnica, editora, montadora e guionista); Eire García (guionista e directora); Lucía Estévez (directora); María Isabel Martínez (produtora); Manane Rodríguez (produtora, directora e guionista); María Moldes (fotógrafa); Paula Cons (produtora, directora e guionista); Pilar Comesaña (guionista) e Teresa Fernández-Valdés (produtora). Tamén estaba nomeada a título póstumo Micaela Sinde Stompel, produtora, actriz e docente falecida no 2019 que foi xefa de estudos do IES Audiovisual de Vigo. A súa candidatura quixo recoñecer a toda unha xeración de mulleres profesionais do sector.

A gala da Deputación contou tamén cun photocall onde as persoas asistentes recibiron un abano comemorativo de cor vermella co lema “Hai mulleres”, na estela do movemento“Me Too”. Amais, no transcurso do acto proxectouse tamén un audiovisual de mulleres directoras galegas con fragmentos de filmes como “Illa das Mentiras”, de Paula Cons”, “Luz Fandiño, a poeta analfabeta” de Sonia Méndez ou “Arima” de Jaione Camborda”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad