Sthela Táboas 23/09/2021

Os campos de fútbol municipais das Baloutas e Cototorrón e o Pavillón Óscar Pereiro recibiron unha serie de novas dotacións e equipamento subvencionados pola Secretaría Xeral para o Deporte

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, José Areal, visitaron esta tarde acompañados de membros das directivas da Unión Deportiva Mos e do Club LouroTameiga varias instalacións deportivas municipais (campos de fútbol das Baloutas e Cototorrón) que acaban de ser dotadas de novo equipamento deportivo,cuxa adquisición foi posible grazas a un convenio de colaboración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

As infraestruturas deportivas beneficiarias desta renovación de material son o Pavillón Oscar Pereiro (ximnaxio e piscina), Campo de Fútbol das Baloutas e Campo de Fútbol de Cototorrón.

A Secretaría Xeral para o Deporte, no exercizo das súas competencias e funcións, colabora destexeito na mellora das infraestruturas e dos equipamentos deportivos municipais do Concello de Mos, optimizando instalacións deportivas básicas.

Neste sentido é de interese da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a colaboración coa administración local mosense para o fomento do deporte no ámbito municipal promovendo actuacións coa finalidade de optimizar as infraestruturas deportivas de uso público.

Así, Concello de Mos e Secretaría Xeral para o Deporte, participaron conxuntamente neste proxecto de renovación de material deportivo en dotacións municipais co obxectivo de potenciar o deporte base sendo conscientes da importancia da súa colaboración para afrontar melloras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. A Xunta de Galicia presta así o seu apoio ao Concello de Mos, considerando as súas particulares circunstancias.

O importe total das actuacións realizadas ao abeiro deste convenio ascende á cantidade de 14.979,80 €, destinado á adquisición de equipamento para diferentes instalacións municipais, aportando a Secretaria Xeral para o Deporte un 90% do total e o Concello de Mos o 10% restante.

Deste xeito adquiríronse para o ximnasio do Campo de Fútbol das Baloutas da Unión Deportiva Mos, elípticas, bicicletas estáticas, máquinas de remo e material diverso, ao igual que para o ximnasio do Campo de Fútbol de Cototorón do Club Louro Tameiga. Mentres que para o Pavillón Óscar Pereiro adquiriuse unha nova máquina de musculación, banco, discos, material vario para natación, aquagym e waterpolo e outro tipo de material deportivo.

No caso do Pavillón Óscar Pereiro as súas instalación son utilizadas por diferentes entidades e clubs deportivos, entre os están varios clubs de fútbol sala e patinaxe artística (Xiramos, Rosaleira e Escolas de Patinaxe), o Club Baloncesto Mos, Club Natación Mos, a bailarina Patricia Martínez, entre outros. Estas instalacións son utilizadas actualmente por unha media de 2.000 persoas ao mes (pista deportiva, piscina, sala de ximnasia…). Sendo os usuarios anuais de 20.000 persoas. É un dos edificios deportivos máis importantes do Concello de Mos, centrando a maioría das actividades deportivas, nel tamén se celebran ao longo do ano numerosos campionatos deportivos de natación, fútbol sala e patinaxe artística.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad