Ademais esta mesma semana resolveranse as axudas municipais directas de 1.000 € a cada un dos negocios de hostalería
Os hostaleiros de Mos teñen ata o 30 deste mes para solicitar a bonificación do 50% da taxa do lixo. Trátase de dar continidade á medida municipal iniciada o ano pasado pero mellorada, xa que mentres que no anterior recibo os negocios de hostalería pagaban o importe íntegro e logo se lles reintegraba a metade, agoraxa recibirán o recibo co importe reducido ao 50%. Ademais teñen a posibilidade de fraccionar o pago en dous prazos. Para todo elo deben cursar solicitude formal ata finais do presente mes de setembro.
Destexeito o Concello de Mos continúa e amplía o seu Plan Municipal de Axuda á Hostelería, sector que é un dos grandes damnificados da crise sanitaria da COVID-19. Sen ir máis lonxe, esta semana quedarán resoltas as subvencións locais directas aos negocios do sector existentes en Mos que as solicitaron.
Esta liña de apoio contempla axudas directas de 1.000 € a cada hostaleiro de Mos solicitante, (sumando 75.000 € a contía destinada polo Concello a tal fin), que comezarán a serlles ingresadas aos beneficiarios durante os próximos días.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, declararon hoxe a este respecto que “todas as medidas municipais de apoio á hostalería emprendidas desde o Concello de Mos pretenden facer unha contribución á supervivencia e recuperación destes negocios que tan mal o levan pasado desde o comezo da pandemia”, comentan.
As representantes municipais insistiron “na vontade da administración local mosense de apoiar aos negocios hostaleiros do Concello de Mos, por iso decidimos manter e mellorar unha medida como a da bonificación do 50% do importe da taxa do servizo de recollida de lixo”.