Sthela Táboas 20/09/2021

As persoas que queiran participar dispoñen ata o venres 24 para rexistrarse e logo abrirase un prazo dun mes para entregar orixinais

#FotoÁgora sobre o espazo público repartirá 40.000 € en premios

O vindeiro venres 24 finaliza o prazo para inscribirse no certame de fotografía #FotoÁgora da Deputación sobre o espazo público. As persoas que queiran participar simplemente terán que rexistrarse en https://www.depo.gal/foto-agora (a través da sede electrónica) e despois abrirase unha nova fase na que disporán dun prazo dun mes para a entrega de orixinais.

Este galardón, de vocación  internacional, pretende reunir “imaxes de calidade”  que dean a coñecer os dez principios da Rede Ágora e a necesidade de fomentar a calidade dos espazos públicos grazas ás transformacións realizadas nas vilas e cidades da provincia nos últimos tempos.

Repartiranse 40.000 € en premios: o primeiro terá unha contía de 6.000 €, haberá un segundo de 4.000 €, unha recompensa de 2.000 € para as mellores fotografías de cada unha das categorías referidas aos dez principios Ágora, así como outros 20 accésits de 500 €.

As categorías nas que participar –cada persoa poderá entregar un máximo de cinco fotografías- correspóndense con cada un dos 10 principios que promulga a Rede Ágora, premiándose as fotografías sobre actuacións realizadas,exclusivamente, no espazo público da provincia de Pontevedra que mellor reflictan cada un deles: O espazo público é un dereito; As persoas primeiro; Mobilidade inclusiva; Autonomía infantil; Mobilidades alternativas; Espazos seguros; Hábitat saudable; Espazos amables e de calidade; Actividade económica de proximidade; e Mobilidade sustentable.

Valorarase a capacidade da fotografía para mostrar a importancia dos principios que rexen a rede Ágora e tamén a calidade técnica da imaxe, por parte de un xurado de persoas expertas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad