Sthela Táboas 19/09/2021

O artista madrileño foi elixido polo xurado composto polo gañador da pasada edición -‘O Ras’- e polos artistas PowOne e Sax

A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil -OMIX do Porriño- organizaron a segunda edición do concurso “Improvisdado, Batalla de Debuxantes”, incluído na programación das Festas do Cristo.

A final tivo lugar na tarde do sábado, nun escenario preparado pola produtora do evento, “Vella Escola”, que preparou un escenario no Parque do Cristo onde os seis finalistas tiveron que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados.

A concelleira de Festexos do Porriño, Cami Moreira, realizou a entrega de agasallos e trofeos aos seis finalistas desta segunda edición, que concluíu coa vitoria do artista madrileño,  ‘Makinoteka’, por decisión do xurado do certame formado por “O Ras” -gañador do concurso en 2020- e os artistas PowOne e Sax.

A segunda posición foi para ‘Sedo’, de Vigo e o terceiro posto para ‘Dusem’, de Ourense. Os tres finalistas restantes do concurso foron ‘Tremze’, de Francia; Tamara Baz, de A Guarda; e ‘BTO’, de Madrid.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad