Sthela Táboas 17/09/2021

Ambos Concellos recibiron  unha subvención de 346.946 € para a realización deste obradoiro dual

O Concello de Salceda de Caselas, xunto co de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade de 346.986 euros para a realización do proxecto dun obradoiro dual de emprego denominado “Sustentable”.

O obradoiro contará con dúas actuacións, unha na especialidade de Servizo de limpeza e xestión de residuos urbanos, no que se realizarán tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario en edificios e locais municipais, e outra actuación na especialidade de Forestal-Xardinería, no que se porá en valor o parque forestal Monte Castelo, na parroquia de Pesqueiras, no Concello de Salvaterra.

A formación consta de especialidades formativas de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e xestión de residuos urbanos e industriais, de nivel 1; e de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, actividades auxiliares en xardíns e centros de xardinería e actividades auxiliares en aproveitamentos forestais, de nivel 2. É preciso estar en posesión do título de Graduado en ESO, ou dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia, ou dun certificado de profesionalidade de nivel 2, ou cumprir o requisito académico de acceso a ciclo medio, ou ter superadas as probas de acceso a universidade para maiores de 25, ou ter as competencias clave necesarias.

Serán beneficiarias 20 persoas, tendo prioridade os colectivos con maior dificultade na inserción laboral, e percibirán un salario equivalente ao salario mínimo interprofesional, cun contrato de formación e aprendizaxe de nove meses, destinándose 221.378 € da subvención á contratación.

Para levar a cabo o proxecto contratarase persoal directivo, docente e de apoio, e xestionarase e execución dende o propio CDL O Torrón en Salceda, onde se levará a cabo a primeira etapa do proxecto que é a formativa, e que se complementa cunha segunda etapa de alternancia de traballo e práctica profesional, para así recibir unha formación profesional adecuada á ocupación elixida.

As persoas de Salceda interesadas en participar terán que estar inscritas na oficina de emprego de Porriño, para o cal teñen que pedir cita previa, e tamén poden inscribirse no Centro de Desenvolvemento Local CDL O Torrón, contactando telefónicamente ao 986347864, ata o 20 de setembro, xa que despois procederase á selección das 20 persoas participantes.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad