Sthela Táboas 16/09/2021

Os socialistas destacan a “falla de coherencia” por parte de EU Son que rechaza ou se abstén nas mocións “mentres a alcaldesa Eva García de la Torre non dimita”, pois “non votaron a favor nin dos festivos locais”

Por outra banda do PP din é “especialmente vergoñento o nivel de crítica e bloqueo no Servizo de Axuda no Fogar” a sabendas de que “a achega da Xunta de Galicia non alcanza o 50% do custo hora do SAF, en lugar do 70% asinado por convenio”

O Concello do Porriño celebrouse este mércores un Pleno extraordinario, no que os socialistas porriñeses indican “puxéronse de manifesto varias cuestións”:

1. “A estratexia do Partido Popular de seguir bloqueando o normal funcionamento do noso Concello, cos incuestionables prexuízos que deles se derivan para o pobo e os seus veciños”.

2. “A absoluta falla de coherencia, desidia e preocupación por O Porriño da coalición EU Son; (Esquerda Unida/Podemos) ao negarse a tomar en consideración calquera proposta levada a Pleno polo equipo de goberno mentres a alcaldesa Eva García de la Torre non dimita”.

3. “A coincidencia nas formulacións de Partido Popular e EU Son (Esquerda Unida/Podemos) supón en moitos casos unha deslealdade ao pobo de O Porriño, bloqueando a propia acción do goberno de forma sucia e obrigando a aprazar ou ata a perder subvencións ou licitacións de servizos básicos”.

4.”A conxunción de ambas formulacións, acordadas ou non entre ambos grupos é irresponsable en toda regra, máis si cabo cando moitos dos puntos levados a Pleno no día de onte son de licitacións de servizos básicos para os cidadáns de O Porriño, non para o pago dunha soa factura pendente. O que supón na nosa opinión unha fraude á cidadanía que é quen lles pagamos, a través dos nosos impostos, o diñeiro da súa asistencia tanto aos plenos como ás comisións informativas previas”.

Destacan os socialistas “Parécenos especialmente vergoñento o nivel de crítica e bloqueo do PP no Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Debemos lembrar que esta é unha competencia delegada pola Xunta de Galicia ao Concello do Porriño. A achega da Xunta de Galicia non alcanza o 50% do custo hora do SAF cando, na firma do devandito convenio, o custo asumido pola Xunta foi do 70%. Servizo que non nos esquezamos préstaselle a persoas desfavorecidas, dependentes e grandes dependentes. ¿Qué pretende o PP, que o Concello de O Porriño denegue solicitudes a persoas que necesitan destes servizos básicos? GALICIA, GALICIA, GALICIA”.

A modo de anécdota, rematan dende o PSdG PSOE do Porriño “as dúas concelleiras de EU Son non votaron a favor nin dos festivos locais de 2022…’non ata que vostede non se vaia’ en alusión á alcaldesa. EU Son (Esquerda Unida/Podemos) facilitando unha maioría ao Partido Popular que non conseguíu nas urnas. Desgraciadamente este é o nivel!!!”.

1 pensamiento a “PSdG de O Porriño valora o Pleno Extraordinario deste mércores

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad