Sthela Táboas 08/09/2021

Incide en que “a unidade do partido nos concellos é clave para recuperar e manter os Gobernos locais” á vez que reafirma que “o Partido Popular ofrece estabilidade e certezas alí onde goberna”

O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo onte pola noite no Porriño unha xuntanza con compromisarios deste concello xunto cos de Mos, Redondela, Salceda, Pazos e Soutomaior que van participar no congreso provincial do 18 de setembro. Rueda destacou que o reto máis inmediato é prepararse e reforzarse para as eleccións municipais de 2023, nas que o PP non renuncia a ningunha alcaldía, apuntando “Manteremos as que temos e aspiramos a gobernar no resto”.

Para isto, Rueda incidiu en que “a unidade do partido nos concellos é clave para recuperar e manter os Gobernos locais, xa que o PP se presenta só ás eleccións” polo que “a isto só se lle pode dar a volta gañando con amplas maiorías. O PP xa gaña eleccións, pero necesitamos maiorías que permitan gobernar e evitar que fagan alianzas de partidos contra o PP”.

Para o candidato “o Partido Popular é sempre a opción seria, a opción de traballo, a opción responsable que ofrece solucións. O PP ofrece estabilidade e certezas alí onde Goberna, en contraposición a quen goberna a golpe de titulares e de propaganda, e se esquece da xestión”.

Ademais, engadiu que gañando nos concellos “conseguiremos que a Deputación volva á súa esencia, que é dar resposta e apoio aos pequenos e medianos concellos desta provincia, estar ao lado dos colectivos e dos veciños”.

Durante o encontro, aproveitou tamén para facer balance dos que foron “os dous piares de traballo durante os últimos 5 anos: a unidade e a renovación do PP provincial”. Así, recordou que “nun mandato marcado polas numerosas citas electorais e pola pandemia sanitaria, se celebraron 22 congresos na provincia, incluidas as tres cidades. Pero, ademáis, o PP de Pontevedra, que ten o maior número de afiliados de todas as provincias galegas con 30.000 persoas, sumou nos últimos cinco anos preto de 1.500 novas persoas, unha cifra moi meritoria porque, ademais, na súa maioría son xente moza”. Por último, Alfonso Rueda ofreceu “experiencia, traballo e unidade para seguir liderando o partido” pero tamén “a mesma ilusión que o primeiro día para traballar pola provincia e polo partido. É fundamental para estar ao carón das 61 agrupacións locais e dos seus afiliados”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad