Mentras que no verán fóronse levando a cabo distintas tarefas de mantemento, dende o Concello queren dar a mellor das benvidas a novo curso escolar
Despois dun verán onde se realizaron as obras de mantemento dos centros Educativos, nestes días o Concello de Salvaterra de Miño está a danrlle os últimos retoques,coas últimas limpezas para que estea todo a punto para o inicio do curso escolar 2021-2022.
A cuadrilla municipal ven realizando diversas obras de mantemento nos diferentes centros educativos durante a época de vacacións; por un lado no CRA A Lagoa leváronse a cabo obras de mantemento conxuntamente cos profesores, así coma de país e nais das diferentes unitarias, co fin de darlle un lavado de cara as escolas das parroquias.
Ao mesmo tempo, o Concello de Salvaterra traballa con diversas cuadrillas na adecuación de aulas, pintado, arranxos varios, revisións de caldeiras, electricidade, fontanería, desratizacións e desbroces dos patios no CEIP Infante Felipe, CEP Carlos Casares e CEIP Leirado.
Ademais seguirase o mesmo protocolo de desinfección nos centros, xa consensuado o ano pasado, co fin de garantir ao máximo as desinfeccións e protocolos COVID, marcados por Educación.
Dende o Concello de Salvaterra indican que todo está a punto para o inicio de curso.