Mónica Romero 07/09/2021

Tui forma parte deste xogo para escribir unha historia en cadea. Haberá tres probas en cada cidade para recibir a chave de Sefarad e participar en sorteos de estadías

As cidades da Rede de Xudarías celebran, dende o 3 até o 30 de setembro, a actividade participativa e gratuíta “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”.

Mediante un xogo, os visitantes terán que desprazarse consecutivamente a tres puntos da xudaría de cada cidade, neste caso a de Tui, no marco dunha iniciativa con motivo da celebración dunha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía.

En concreto, o xogo convídanos a desprazarnos por tres puntos da xudaría da nosa cidade: Sinagoga – Porta da Pía (1), Convento das Clarisas (2) e rúa Entrefornos (3). Pódese acceder a eles pola localización do móbil ou polos carteis localizados en cada punto. En cada localización unha actividade acercaranos á temática da xornada Europea da Cultura Xudía 2021: Diálogos.

Visualizar un vídeo, escribir un parágrafo dunha historia en cadea ou decidir que tipo de diálogo abriría daranos a posibilidade de conseguir a famosa chave de Sefarad. Ao concluír as tres probas é necesario pasar pola Oficina Municipal de Turismo (4) (Praza de San Fernando) a recoller a túa chave.

Ademais, a Red de Juderías publicará as diferentes historias en cadea escritas por todos os participantes en cada cidade no enderezo electrónico https://redjuderias.org/juega

Con esta iniciativa preténdese desafiar aos visitantes para que atopen os tres puntos ocultos en cada xudaría e participen na primeira historia en cadea sobre Sefarad.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad