Sthela Táboas 03/09/2021

O Concello de Salceda ten como obxectivo “tratar de recuperar a harmonía entre ocio e descanso  veciñal” incidindo nas aglomeracións de persoas que se están a producir nas intermediacións de ocio nocturno

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón e a subdelegada de goberno, Maica Larriba, presidiron hoxe a Xunta Local de Seguridade Extraordinaria, convocada de xeito urxente para tratar a problemática de orde público que sufre a vila nestes últimos fins de semana.

Abordouse a situación que se está a producir debido ás aglomeracións de persoas na rúa Pontevedra, nas intermediacións da zona de ocio nocturno. Situación que se intensifica despois do peche dos locais á hora que esixe a lei, non permitindo o descanso e a boa convivencia da veciñanza.

Nestas aglomeracións prodúcense conductas que xa deron orixe a sancións por parte da Guardia Civil e Policía Local, que intensificaron a súa labor de vixilancia na última fin de semana. A pesar deste aumento da controis o problema persiste, polo que a alcaldesa, Verónica Tourón solicitou apoio á Subdelegación de Goberno.

Previamente, a alcaldesa tamén mantivo o pasado luns, unha reunión cos representantes das comunidades de propietarios das vivendas da rúa Pontevedra e coas persoas responsables dos locais, tras as inquedanzas trasladadas pola veciñanza.

Na Xunta Local de Seguridade -nas que estiveron representadas as forzas e corpos de seguridade da Guardia Civil e da Policía Local, ademais da tenente de alcaldesa, Loli Castiñeira e a concelleira de Seguridade, Lucía Pereira- chegouse ao acordo de que dende os Corpos e forzas de seguridade, en función de como se desenvolvan os acontecementos se poñan a disposición do Concello de Salceda de Caselas todos aqueles recursos que sexan necesarios, mentres esta situación xere inseguridade e inquedanzas na poboación.

A concelleira de seguridade, Lucía Pereira, indicou que “dende o concello estase a facer un importante esforzo cos recursos dos que dispoñemos para atallar esta situación puntual e tratar de recuperar a harmonía entre ocio e descanso  veciñal, que sempre foi o obxectivo”.

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, fai unha valoración moi positiva do acordo acadado nesta Xunta Local de Seguridade, coa subdelegada de Goberno. O ocio nocturno debe ser compatible co benestar e descanso da veciñanza da zona, polo que Concello, Subdelegación e Forzas e Corpos de Seguridade traballarán coa máxima coordinación e con todos os medios dispoñibles para que isto sexa así”. Remata engadindo que “dende o equipo de goberno a pretensión é que a boa convivencia sexa posible, e que Salceda continúe a ser unha vila segura, como reflexan os datos que hoxe mesmo nos trasladou o Tenente Coronel da Comandancia da Guardia Civil que nos acompañou hoxe nesta xunta”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad