Sthela Táboas 03/09/2021

O concelleiro de Deportes do Porriño manifestou “agardamos nos vindeiros anos, a Xunta tamén aposte por Porriño para unha etapa da Volta Ciclista a España”

O equipo feminino porriñés “Cocinas LaSal Louriña Cycling Team”, que ten ao Concello do Porriño como principal patrocinador institucional, iniciou hoxe a súa participación na Volta Ciclista a Portugal, proba incluída no calendario internacional da “UCI World Tour”. Uxía Fernández, María Toba, María Coya, Cristina Torres e Marta Barbeito forman o conxunto porriñés que participará na volta portuguesa ata o domingo día 5.

A invitación ao equipo porriñés “constitúe un motivo de ledicia e satisfacción para o Concello e un resultado máis da aposta pola promoción do deporte, nomeadamente do ciclismo, que desenvolveron os sucesivos gobernos municipais nos últimos anos” declarou o concelleiro de Deportes, David Alonso.

O edil engadiu que “a nosa liña é seguir con esa política de apoio e coido que vai sendo hora de que a Xunta de Galicia valore tamén apostar por unha etapa da Volta Ciclista a España no Porriño, que o merecemos por promoción e inversión no deporte do ciclismo” manifestou Alonso Bargiela.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad