José Docampo 03/09/2021

Dentro da programación de promoción da etapa de La Vuelta que pasará polo municipio, o Concello promove unha versión da canción oficial e unha visita guiada a Afouteza, onde acudiron menos nenos dos anunciados.

Continúa en Mos a programación derivada da meta da etapa de La Vuelta Ciclista a España no Castro de Herville-Cela, o sábado día 4 de setembro. Outra das iniciativas postas en marcha é a versión da canción oficial de La Vuelta, autoría do grupo burgalés La Moda, a cargo da Banda de Música Xuvenil de Torroso, xunto co cantante mosense Antonio Barros. A versión que membros da Banda de Música Xuvenil de Torroso prepararon xunto con Antonio Barros, conta tamén co seu propio videoclip que se estrea esta tarde na páxina oficial de Facebook do Concello de Mos.

Máis de 100 nenos e nenas de Mos e Vigo de entre 4 e 12 anos de idade foran convocados a participar onte nunha “xornada de convivio” organizada polo RC Celta na Cidade Deportiva Afouteza en Pereiras, dentro do programa municipal de actividades con motivo da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos. Segundo evidencian as fotografías do evento, os asistentes foron menos dos publicitados polo goberno local. A xornada de convivio consistíu nunha “visita guiada pola Cidade Deportiva Afouteza, e unha posterior actividade no campo de adestramento do RC Celta cun carácter lúdico e co obxectivo de gozar dun día de fútbol”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad