Sabela Landín 03/09/2021
Sen Amarras

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca do Baixo Miño (VONTADE) está a desenvolver, en colaboración co Club Sen Amarras, xornadas inclusivas de navegación polo río Miño, nas que contribúe á difusión da contorna natural da comarca e nas que participaron máis de 100 persoas.

Estas xornadas, que se realizan co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra no marco do proxecto “Río Miño Marca Inclusiva”, introducen o concepto do turismo accesible ofrecendo os recursos que garanten a igualdade de oportunidades de todas as persoas, poñendo en valor un recurso natural e medioambiental, como é o río Miño, ao grupo social das persoas con discapacidade que de forma habitual non pode acceder a este medio.

Nas mesmas tamén participa o Concello de Tomiño a través do proxecto “Navegando pola historia do Baixo Miño”, co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio histórico da contorna achegándonos ao sistema de fortificacións e á historia da Guerra de Restauração que deron lugar ás mesmas.

A actividade prolongarase durante o mes de setembro, polo que as persoas e/ou entidades interesadas en participar poden contactar coa asociación VONTADE no teléfono 986 62 30 44. Dende VONTADE recalcan a necesidade de facer accesible e promocionar a comarca entre as persoas con discapacidade, cumprindo cos obxectivos de accesibilidade universal

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad