O balonmán galego homenaxeará ao técnico vigués, falecido hai uns días despois dunha longa enfermidade
O Pavillón do Gatañal acollerá esta fin de semana (3, 4 e 5 de setembro) as fases finais da Copa Galicia e Supercopa Galicia, nas que se homenaxeará a Fran Teixeira, falecido hai uns días despois dunha longa enfermidade.
Previo inicio de todos os partidos gardarase un minuto de silencio e tod@s os participantes levarán un brazalete negro, en sinal de respecto ao adestrador galego.
Onte celebrouse o acto de presentación deste evento, coa participación da alcaldesa de Cangas, Victoria Portas; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o vicepresidente da FGBM, Fernando Mosquera; o presidente do BM Cangas, Alberto González; e o presidente do BM Luceros, Óscar González.
Esta tarde celebraranse as semifinais da Copa Galicia masculina. O partido Forbe Reconquista de Vigo – Magope Seis do Nadal Coia comezará as 19:00 horas e a continuación disputarase o Granitos Ibéricos Carballal – Automanía Luceros.
O sábado pola mañá será o momento da Copa Galicia feminina, mentres que pola tarde disputaranse as semifinais da Supercopa masculina. E o domingo, terán lugar todas as finais.
A venda de localidades, que se está a facer por internet, vai a moi bo ritmo pero aínda quedan algunhas entradas. Hai que recordar que se cumprirá as medidas de prevención necesarias anti COVID-19.
VENRES 3 DE SETEMBRO (PAVILLÓN DO GATAÑAL)
SEMIFINAIS COPA GALICIA MASCULINA
19:00 – Forbe Reconquista de Vigo – Magope Seis do Nadal Coia
21:00 – Granitos Ibéricos Carballal – Automanía Luceros
SÁBADO 4 DE SETEMBRO (PAVILLÓN DO GATAÑAL)
SEMIFINAIS COPA GALICIA FEMININA
11:00 – Rubensa Bm. Porriño – CDeC Lavadores
13:00 Bm. Samertolameu – SAR Rodavigo
SEMIFINAIS SUPERCOPA GALICIA MASCULINA
17:00 – F. Morrazo Bm. Cangas – Disiclín Lalín
19:00 – Cisne Colegio Los Sauces – Acanor Atl. Novás Valinox
DOMINGO 5 DE SETEMBRO (PAVILLÓN DO GATAÑAL)
11:00 – FINAL COPA GALICIA MASCULINA
13:00 – FINAL COPA GALICIA FEMININA
14:30 – CERIMONIA ENTREGA DE TROFEOS
17:00 – FINAL SUPERCOPA GALICIA FEMININA
19:00 – FINAL SUPERCOPA GALICIA MASCULINA
20:30 – CERIMONIA ENTREGA TROFEOS