Sthela Táboas 03/09/2021

A alcaldesa desexou “moita sorte e éxitos” ao fútbolista que vai xogar na serie B do futbol sala italiano

A alcaldesa recibiu onte no seu despacho a Gabriel Freiría, futbolista porriñés de 23 anos que se vai incorporar á disciplina do Júnior Domitia, equipo da Serie B do “Calcio a 5” (fútbol sala) con sede en Castel Volturno, na provincia de Casertana, da rexión italiana da Campania.

O caso de Gabriel é o primeiro dun xogador local, formado nas categorías inferiores do Porriño Industrial, que é fichado por un club italiano de fútbol sala.

Gabriel comezou no fútbol 11 pero en 2016, o equipo “Talleres ABC” de Coruxo de fútbol sala  ofreceulle fichar con eles, onde arrancou a súa andaina nesa modalidade. Xogou coa selección de Galicia na categoría xuvenil. Nas dúas últimas tempadas, Gabriel Freiría xogou no Leis de Pontevedra. Eva García desexoulle “moita sorte e éxitos” na súa estrea no país italiano, e entregoulle como agasallo un libro sobre o arquitecto porriñés Antonio Palacios “para que te lembres da túa vila” manifestoulle a alcaldesa.      

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad