José Docampo 01/09/2021

Este novo desenvolvemento é un dos previstos na modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, actualmente en fase de avaliación ambiental e que se prevé aprobar de forma inicial no último trimestre deste ano

A modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) impulsada pola Xunta permitirá habilitar preto de medio millón de metros cadrados de solo industrial nos concellos de Mos e Redondela, “que concentran unha gran actividade económica e empresarial e necesitan máis superficie preparada para acoller este tipo de usos”.

Así o anunciou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que se reuniu en Mos coa alcaldesa e o presidente da Asociación de Empresarios do municipio (Aemos) para explicarlles o alcance que terá para esta zona a nova planificación na que traballa o seu departamento co fin de actualizar e redefinir as prioridades da Comunidade en materia de áreas empresariais.

En concreto, o novo ámbito previsto está proxectado en Louredo e ocupará unha superficie de 498.272 m2 dos cales a gran maioría (371.710 m2) estarán no termo municipal de Mos e os 126.562 m2 restantes, no municipios limítrofe de Redondela.

“Dos 7 millóns de metros cadrados que imos planificar de cara ao futuro con esta modificación, 500.000 pertencen a Mos e Redondela. Porque hai demanda e porque tan só restan cinco parcelas por vender no polígono existente, o de Veigadaña”, explicou a conselleira, que asgurou que esta é unhas das “áreas estratéxicas” desde o punto de vista empresarial polas que aposta a Xunta de Galicia.

Neste sentido, subliñou a importancia da revisión do PSOAEG que está a acometer o seu departamento non só para esta zona senón para o conxunto da Comunidade, e avanzou que o documento se atopa en fase de avaliación ambiental e séguese avanzando co obxectivo de aprobalo de forma inicial no último trimestre e definitivamente, en 2022.

Pola súa banda, a alcaldesa celebrou a confirmación de que Mos “seguirá crecendo empresarialmente, en emprego e en economía”, convertendo ao concello nun “territorio de oportunidades”. “O Concello, Aemos e a Xunta somos un equipo que ten que seguir cada día avanzando e resolvendo problemas”, salientou.

Por último, o presidente de Aemos asegurou que hoxe recibiron unha nova que para os empresarios é “impresionantemente boa”, unha “necesidade” que vai supoñer unha mellora para a área metropolitana de Vigo. “Agora o que pedimos é que se reduzan os prazos ao mínimo posible, para que canto antes poidamos estar inaugurando este emprazamento”, pediu.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad