Mónica Romero 31/08/2021

Nas últimas semanas abriron dous novos na prolongación de Casal Aboy e a carón da Praza de Abastos

O Concello de Tui conta con catro centros de compostaxe comunitaria no centro urbano, tras a apertura nas últimas semanas dos centros situados na prolongación da rúa Casal Aboy e a carón da Praza de Abastos. Estes centros de compostaxe comunitaria poden acoller e xestionar residuos orgánicos de até 650 persoas. O obxectivo destas localización é dotar de composteiros a estas areas da cidade, facilitando o uso deste servizo as persoas que viven nestas zonas.

Dende que en 2017 se puxo en marcha o Plan de Compostaxe Municipal, a través do Plan Revitaliza da Deputación, téñense xestionado máis de 100 toneladas de bioresiduos a través da rede de composteiros comunitarios.

O obxectivo para este 2021, recollido no Plan de Compostaxe Municipal, é contar con seis centros de compostaxe comunitaria, e 500 composteiros individuais nas vivendas de todo o termo municipal.

O uso dos composteiros comunitarios é moi sinxelo, e nos carteis informativos situados en cada un deles explícase o que se pode depositar e como facelo, e o que non.

Os restos orgánicos débense depositar no módulo sinalizado cun punto verde. A continuación débense cubrir co estruturante dispoñible nos caixóns laterais. A carón dos composteiros hai dispoñible unha billa. As persoas que teñan calquera dúbida poden contactar coa mestra composteira municipal no 687 24 99 53 no correo electrónico en compostaxe@tui.gal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad