José Docampo 04/08/2021

O Concello raiano adapta a celebración deste ano ás circunstancias sanitarias.

A pesar da situación sanitaria que restrinxe de forma considerable a celebración de diversos actos que son a insignia do municipio, o Concello de Salvaterra de Miño non quere deixar pasar a ocasión para celebrar a súa festa por excelencia, a Festa do Viño do Condado do Tea, declarada Festa de Interese turístico de Galicia, totalmente adaptada a normativa COVID.

Deste modo a conmemoración da festa este ano xirará en base a cinco grandes piares, a cata á procura dos viños deliciosos do ano, o tunel do viño, catas comentadas, visita ás adegas e música ao vivo.

As actividades desenvolveranse os días 27, 28 e 29 de agosto. Así o túnel do viño arrancará o venres pola mañá ata o domingo, nas instalacións do Museo da Ciencia do Viño, durante ese fin de semana os participantes poderán degustar os viños das 27 adegas que participan da subzona do Condado do Tea e dos espumosos da DO Rías Baixas. Durante os mesmos días todos aqueles que queiran poderán desfrutar das catas comentadas que ofrecerán 14 das adegas participantes na Casa do Viño.

Tamén nesa fin de semana seis adegas que participan na Festa ofrecen a posibilidade de visitas as súas instalacións con degustación de viño incluída. Todas as persoas que queiran participar nalgunha das actividades que se realizan en torno a Festa do Viño do Condado do Tea terán que inscribirse. Por último, o sábado 28 levarase a cabo a cata á procura dos viños deliciosos do ano.

Este ano tampouco faltará a música arredor das celebracións, así o venres teremos o concerto da BANDA CREBINSKY, o sábado estará con nos SUSANA SEIVANE e o domingo pecharemos con A RODA, os concertos celebraranse na praza do Concello.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad