Sthela Táboas 04/08/2021

Das declaracións públicas feitas polo grupo de oposición respecto a un “cambio na Alcaldía” o PSdeG do Porriño manifesta o seu desacordo

Do encontro mantido o pasado venres, entre as agrupacións políticas poriñesas PSdG-PSOE do Porriño e EU Son do Porriño- Son en Común, non se chegou a acordar compatibilidade coas opcións plantexadas polo partido de oposición, que esixían a sustitución da actual rexidora.

Deste xeito, a agrupación socialista quere puntualizar:

“1º O noso partido non negociou. Non se nos deu a oportunidade. Mantivéronse duas xuntanzas co grupo EUSON nas que se nos impuxo quén ten que irse e a quén temos que poñer a fronte da alcaldía. Ademáis e según palabras textuais da portavoza do grupo EU Son, “o Partido Socialista ten que demostrarnos se quere gobernar, se non nos veremos na obriga de iniciar conversas co Partido Popular”. O Partido Socialista goberna a día de hoxe nunha coalición co BNG. Goberno no que tivo e ten a oportunidade de integrarse EU Son. O Partido Socialista non goberna de xeito ilexítimo por iso nin pode nin debe someterse a imposicións de ningún tipo xa que nos debemos o electorado de esquerdas que propiciou que este goberno fora posible. En ámbas xuntanzas nós insistimos en falar doutras posibilidades –por poñer un exemplo dos orzamentos como a mellor ferramenta de cambio para o noso pobo-“.

“2º O grupo Municipal EU Son pode apelar á responsabilidade de quén considere oportuno. O Partido Socialista nin acostuma a decirlle a ninguén con quén ten que falar, nin o que ten que facer. O Partido Socialista do Porriño non impón, negocia sempre que se nos permita. Sempre temos esa canle aberta, SEMPRE”.

3º Cando EUSON dí, “a única solución é un cambio e a súa obriga é posibilitalo” non poden falar de posibilidades, pois non existen, so existe unha posible vía. Vostedes a saben e nos tamén. Non confundan aos votantes e xente de esquerda do noso pobo con maniobras máis propias da dereita.

Para rematar, dende o grupo socilaista porriñés subliñan que “a día de hoxe no Porriño goberna unha coalición PSdeG-BNG, e vostedes amósanse partidarios de apoiar un goberno de dereitas co Partido Popular, como única posible saída. ESA É A ÚNICA REALIDADE OBXECTIVA”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad