Sthela Táboas 31/07/2021

A autocompostaxe estase a extender moi favorablemente entre a poboación xa que ademáis de redudir lixo, conséguese abono de xeito natural e sostible

O Concello de Salvaterra de Miño volve a por a disposición dos seus veciñ@s unha nova remesa de composteiros, neste caso 50,  dentro do programa de compostaxe doméstico para vivendas unifamiliares, gracias a adhesión ao programa de compostaxe de SOGAMA, que busca lograr unha xestión máis sostible do lixo.

E que para facer compost, pecísase de elementos que dos podemos dispor nunha casa empezando por un espazo axeitado na horta ou xardín; un compostador; restos orgánicos propios da cociña  -restos de verduras, frutas, etc.-ou residuos do xardín -restos de poda, follas secas, céspede, etc.-; un aireador -pincho, palas, etc.- para remover o compost; unha pala para recoller o abono resultante; e auga para humedecer no caso preciso.

Deste xeito, o Concello manterá a súa extensión das prácticas de autocompostaxe á novas vivendas unifamiliares para propiciar a reciclaxe da materia orgánica en orixe, un proceso con importantes beneficios ambientais e sociais.

Dado que os residuos orgánicos representan aproximadamente o 42% da composición media dunha bolsa tipo, se estos se reciclan en orixe e se evitan o seu depósito en contenedores verdes convencionais, o Concello entregará menos toneladas de lixo a SOGAMA, reducindo deste xeito os costes.

@s veciñ@s que se incorporen a esta nova fase recibirán manuais didácticos nos que se explica, de xeito detallado, a técnica a seguir para obter un compost de boa calidade. Poden solicitarse no Concello de Salvaterra.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad