José Docampo 17/07/2021

Algúnhas “partes” de Cela, Pereiras e Tameiga xa teñen internet de fibra “tras iniciar por fin R o programa de extensión da banda larga pendente”, informa o Concello. Entre maio e xuño a teleoperadora deu conexión ás primeiras 100 vivendas beneficiarias “do total de 2.200 que acometerá”.

O Concello de Mos informou esta semana “do desbloqueo da problemática na implantación do internet de banda larga por parte da operadora R no municipio”. Durante os pasados meses de maio e xuño acometeuse por parte de R a instalación da fibra óptica necesaria para a conexión a internet de banda larga das 100 primeiras vivendas do programa de extensión da banda larga de nova xeración en Mos, pola que a operadora recibirá unha subvención estatal e que levaba pendente desde o 2020.

Unha vez conectado este primeiro cento de vivendas, iranse acometendo progresivamente todas as instalacións necesarias ata completar o total do programa, que inclúe 2.200 vivendas. Estes primeiros 100 domicilios dotados de servizo de conexión a internet de banda larga distrubúense por diferentes zonas dalgúns dos barrios das parroquias de Cela, Pereiras e Tameiga. En Cela realizouse instalación en zonas dos barrios de Atín e Arufe, en Pereiras nalgunhas zonas dos barrios de Roublín, Casal, Casalmorto e Campo de Eiró. Na parroquia de Tameiga en Puxeiros, ao inicio da Estrada Generoso Domínguez.

O Concello informou tamén que a teleoperadora está actualmente instalando postes en Petelos, na zona da Porteliña, e realizando o replanteo para a continuación colocar os postes en Casal (Tameiga). “A finais de verán quedará acometida outra gran parte da instalación que permitirá conectarse a máis de 500 vivendas”, comprométense desde o Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad