José Docampo 18/07/2021

A “sorpresa” para o ciclista mosense, informa o Concello, descubriuse onte con motivo da carreira de exciclistas organizada tamén na súa honra polo Concello de Mos e o Club Ciclista Master Louriña e incluída no programa de actividades de La Vuelta Ciclista a España ao seu paso por Mos.

Onte celebrouse en Mos a carreira de exciclistas organizada polo Concello en homenaxe a Óscar Pereiro. Pereiro contou coa compaña de compañeiros, ex compañeiros, amigos e veciños entre os que se atopaban ciclistas e varios exciclistas profesionais como Álvaro Pino, Ezequiel Mosquera, Marcial Rodríguez, Serafín Martínez, Genaro Prego, José Ángel Vidal, José Teixeira, Evaristo Portela, Juan Campos, Isidro Araújo, Fabián García, Pako Boente, José L. Boente, entre outros. Tamén estiveron presentes o gaiteiro de Louredo e autor do Himno de Mos, Xulio Lorenzo, representates do Concello e da Xunta, e familiares do ciclista.

O evento comezou ás 18:00 h en Sanguiñeda – Explanada La Reina, onde os corredores fixeron un circuito de 10 voltas para logo saír cara ao Castro de Herville, lugar onde se ubicaba a meta e onde rematará tamén a 20ª etapa de La Vuelta 21 o 4 de setembro.

A carreira rematou coa victoria de Fabián García, que ven de gañar o Campionato de España Master 60 en Valladolid. Pecharon a competición desta tarde Óscar Pereiro e Carlos Táboas ‘Peri’ (Campión de España de + Enduro Master 50) acompañando ao que fora o masaxista de Pereiro no Phonak, José Teixeira.

O acto rematou “cunha gran sorpresa para Óscar Pereiro”: o descubrimento dunha escultura no alto de Herville na súa honra, autoría do escultor alemán, veciño de Herville desde 1989 Ralf Jung (escultor, fotógrafo e video creador). O broche final púxoo o Grupo de Gaitas de Herville interpretando o Himno Galego.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad