Sthela Táboas 16/07/2021

A Deputación de Pontevedra proxecta neste tramos de 5 km a instalción de lombos e pasos de peóns sobreelevados

O Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra fixo chegar ao Concello do Porriño as actuacións previstas no “III Plan Móvese” para aumentar a seguridade viarias nas estradas provinciais que, no que atinxe a este municipio, proxectan instalar “lombos” e pasos de peóns sobreelevados, na E.P. 2401. 

Concretamente nun treito de 5 km entre O Porriño e Mosende, proxéctanse 5 redutores físicos de velocidade (lombos) e 8 pasos de peóns sobreelevados. 

Ademais estas actuacións de reducción de velocidade do tráfico levarán aparelladas pequenas reformas, dos tramos de beirarrúas e dos espazos de aparcadoiro, ao carón dos pasos de peóns para facilitar a visibilidade neses treitos da estrada. 

As actuacións definidas polos técnicos da Deputación son produto dun proceso participativo co Concello do Porriño, despois dun traballo de campo para analizar as necesidades demandadas para deseñar as solucións técnicas en cada caso. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad