José Docampo 14/07/2021

Esta finde semana na Rebullón actuarán na zona da carpa os Storrentos, o venres 16 de xullo ás 22 h. O sábado 17 de xullo ás 20 h sera a quenda da compañia de danza “Kirenia Danza” cun espectaculo chamado “Primeiro a Vida”.

Esta fin de semana, a Sala Rebullón convida a a un espectáculo dos Storrentos, “un grupo de versións de cancións molonas, rastreros, diplomaticos, kortatu, lamatumba”, todo “rock de tarberna”. A entrada é de balde até completar o aforo.

O sábado, os asistentes poderán desfrutar do espectáculo de danza da compañía “Kirenia Danza”, que reivindica que “os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida”, pois “somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida”. Neste espectáculo, “o corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén”.

Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda Primeiro a Vida ou Antes a Vida ou Elixir a Vida, tres posibles traducións do verso de Andre Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, “nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a Vida“.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad