José Docampo 14/07/2021

O encontro pontevedrés regresa á súa localización orixinal, no campo de fútbol de Monte Lourido, para ofrecer tres días de música do 15 ao 17 de xullo con Natalia Lacunza, Ginebras, Locoplaya e Sidecars, entre outros.

A temporada FEST Galicia arranca esta semana con tres dos festivais adheridos á promoción de Galicia como destino musical de calidade: Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa, 17º Festival Ribeira Sacra e Vive Nigrán Picnic Pop Festival. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañou hoxe os organizadores deste último encontro, que regresa á súa localización orixinal no campo de fútbol de Monte Lourido, ao pé de praia América, para ofrecer tres días de música como parte central dun completo programa de ocio e cultura.

O cartel desta quinta edición, que terá lugar do 15 ao 17 de xullo, está encabezado por Natalia Lacunza, Ginebras, Locoplaya e Sidecars e nel figuran, así mesmo, Shinova, Mounqup, Verto e Walls. Ao tempo, organízase unha serie de experiencias turísticas e de concienciación, como Vive Sostible, Vive Activo e Vive Patrimonio.

Esta combinación de experiencias foi subliñada polo representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pola súa identificación cos obxectivos que promove a Xunta a través da iniciativa FEST Galicia. Como explicou, os eventos asociados teñen que contar, por exemplo, cunha planificación para minimizar o impacto medioambiental, con medidas específicas para avanzar na igualdade a todos os niveis ou comprometerse coa difusión da música de Galicia.

Esta marca é unha das dúas principais vías de apoio do Goberno galego aos festivais profesionais de música, para os que se conta cun orzamento de 840.000 euros en 2021. De feito, FEST Galicia reforzouse cun investimento de 500.000 euros, un 25% máis que en 2020. Este ano retomouse, ademais, a convocatoria específica de subvencións a festivais de música, suspendida ante a imposibilidade de levar a cabo os eventos nos seus formatos habituais. Esta liña de axudas, actualmente en proceso de tramitación, distribuirá outros 340.000 euros entre os encontros beneficiarios.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad