Mónica Romero 12/07/2021

Quedan prazas vacantes nos cursos de prevención de riscos laborais na construción que comezarán o día 26 de xullo

Quedan prazas vacantes nos cursos de prevención de riscos laborais na construción que do 26 de xullo ao 6 de agosto, de luns a venres de 15.30 a 21.30 h, se van impartir en Tui.

Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

Trátase dun curso Básico de Prevención en Riscos Laborais cunha duración de 60 horas, e dun curso de Prevención Específico, de 6 horas lectivas. Para a realización do curso específico terán preferencia as persoas que realicen o curso básico, amais aquelas outras interesadas deberán presentar a documentación acreditativa de posuír o curso básico. Estas actividades formativas van dirixidas a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.

As persoas interesadas teñen que inscribirse, até este venres, 16 de xullo, enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal. Deben indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde para realizar o curso. A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición.

Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad