José Docampo 07/07/2021

A corporación mosense mostrou onte “o seu orgullo” na recepción aos futbolistas locais que tivo lugar ás 12:00 h no Multiusos das Pozas.

Os equipos de futbol base, cadetes da Unión Deportiva Mos e xuvenís do Club Louro Tameiga, foron homenaxeados
polo seu ascenso a “1ª galega” e a “1ª autonómica”, respectivamente. Asistiron representantes da corporación municipal e da Federación Galega de Fútbol.

Tamen estiveron presentes, acompañando aos seus xogadores os presidentes da Union Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio e do Club Louro Tameiga, Patricio Farrapeira. Os capitáns de cada equipo dedicaron unhas palabras aos seus compañeiros. Por parte do Club Louro, Anxo Resua. Por parte da Unión Deportiva Mos, Alex e Ricardo. 

Ambos os tres capitáns fixeron referencia ao outro club do municipio, dándolle os parabéns. Todos coincidiron en que máis aló das cores levan a Mos por bandeira. Alcaldesa e Concelleiros, felicitáron aos deportistas e fixéronlle entrega duns agasaios como lembranza de esta data. Quixeron así mesmo, valorar o esforzo dos mozos e poñer en valor a importancia de facer deporte, en concreto xogar ao futbol; este deporte que non só levanta paixóns entre quen o segue desde as bancadas, senón que ademá achega innumerables beneficios a quen se atreve a calzarse unha botas de fúbol e saír ao campo de xogo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad