José Docampo 07/07/2021

A danza contemporánea chega a Sala Rebullón coa peza “Primeiro a vida!” da Compañía Kirenia Danza – Kirenia Martínez Acosta. Será o vindeiro sábado 17 ás 20 h. As entradas, cun prezo único de 8 euros, poden reservarse en reservasrebullon@gmail.com.

A Sala Rebullón en Mos organiza para este sábado ás oito da tarde un espectáculo de danza contemporánea de título “Primeiro a Vida!”. A función preséntase coa seguinte proclama:

“Os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida. Somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida. O corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén.

Precisamos dos coidados dos outros para manternos con vida xuntos en comunidade. Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda Primeiro a Vida ou Antes a Vida ou Elixir a Vida, tres posibles traducións do verso de Andre Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a Vida!”

As entradas, cun prezo único de 8 euros, poden reservarse en reservasrebullon@gmail.com.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad