Sthela Táboas 30/06/2021

Neste 2021 reciben achegas cun máximo de 8.000 € un total de 14 entidades, mentres que o ano pasado foron 10 as beneficiarias

Segundo informou a Concellería de Infraestruturas, dirixida por Pedro Pereira, o Concello do Porriño anuncia a concesión de achegas a catorce comunidades de traídas de augas do municipio, por un importe global que suma 77.607 €. Este departamento convocou por segundo ano consecutivo este lote de achegas municipais ao que se presentaron 14 comunidades. Todos os solicitantes foron aceptados e non quedou ninguén excluído, xa que cumprían cos criterios recollidos na convocatoria.

Recibirán as achegas as comunidades de Cerquido; San Jorge-Mosende; Chan-Casal-Orbenlle; A Pereira-Torneiros; Atios; Cruz-Budiño; Rozadas-Eirís; Carracido; Chenlo; Vitureira-Budiño; Cans; A Graña-Cans e Torneiros. Aínda resta unha solicitude máis que corresponde á comunidade de usuarios zona centro de Atios, que dispón dun prazo dun mes para a subsanación da documentación aportada, segundo explicou Pedro Pereira.  

O Concello do Porriño destinou para este exercicio 2021 un importe total de 95.000 €. A convocatoria publicouse en marzo no Boletín Oficial da Provincia -BOPPO- a través da Concellería de Infraestruturas e Urbanismo e ten por obxecto apoiar e promover, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de subvencións entre as comunidades de usuarios de augas de consumo do Porriño que reúnan os requisitos establecidos nas bases.

O obxecto das axudas comprende a contratación de obras de reparación, substitución de redes de distribución cando non superen os 20 m, así como os gastos correspondentes a analíticas de control sanitario e os gastos de mantemento e conservación en captación de augas, sistemas de almacenamento e potabilización e mantemento das instalacións.

Para estas axudas estableceuse un importe máximo de 8.000 € por peticionario.

No ano 2020 repartíronse un total 59.976 € en achegas municipais que acadaron 10 comunidades solicitantes, polo que este ano 2021 incrementouse tanto o número de comunidades beneficiarias, como o importe total das achegas concedidas pola comisión de avaliación que presidiu o concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira asistido por técnicos municipais.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad