Sthela Táboas 30/06/2021

“Tras as Ameas”  estréase este mércores no Castelo cun espectáculo da compañía SU.MA con todas as prazas esgotadas

“Música no Ar“ arranca este xoves nos xardíns do Pazo da Oca da Estrada, con Javier Otero nun concerto de piano e electrónica que terá acceso libre ata completar aforo

A Deputación de Pontevedra inicia este mércores a súa programación para “aviventar” cultura este verán cunha excepcional acollida por parte da cidadanía. Deste xeito, o ciclo “Tras as Ameas”, que levará un total de doce espectáculos familiares aos castelos de Soutomaior e Sobroso, arranca xa esta tarde co aforo completo,como xa o teñen tamén outras catro das actividades previstas. Pola súa banda, “Música no Ar”, que prevé 11 actuacións de música en espazos singulares e patrimoniais da provincia, arrancaeste  xoves 1 de xullo coa actuación do pianista Javier Otero no Pazo da Oca da Estrada.

O espectáculo  familiar de circo, danza e acrobacia Ikigai, a cargo da compañía SU.MA, comezará ás 19 horas no Castelo de Soutomaior. Serán 50 minutos de danza, circo, acrobacia, teatro xestual e belcanto en clave de clown, nunha montaxe que aborda temas como a superación persoal e o sentido da vida. Ikigai, como sinala a compañía, supón unha mirada optimista e evocadora da alegría de vivir, na que calquera “catástrofe” pode tornarse na chave para chegar máis profundo ao corazón. Baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, protagonizan o espectáculo Sue Moreno e María Move; mentres que a música é orixinal é de María Move e Raúl Grillo e a escenografía de Mark Torrecillas.

Doutra banda, o primeiro dos espectáculos de “Música no Ar” chega este xoves 1 de xullo a un escenario tan singular como o xardín do Pazo de Oca da Estrada, onde o artista Javier Otero Neira, acompañado de Rubén Iglesias, porá en escena o seu novo proxecto, Reconstruction. Neste caso, o acceso é libre hasta completar o aforo.Javier Otero é un artista polifacético e experimental, que forma parte dunha nova xeración de pianistas con proxección nacional e internacional. Reconstruction é o seu novo proxecto e conxuga vangarda coa esencia do piano e a música electrónica. Nel, Otero asumiu todo o traballo de interpretación, produción e postprodución e incluso a publicación foi co seu selo Landra Music. Neste directo, Javier Otero toca o piano e sintetizadores, e Rubén Iglesiaso baixo eléctrico e os sintetizadores.

En “Tras as Ameas” amais daactuación de hoxe de SU.MA, xa teñen as súas prazas esgotadas os espectáculos de circo Cultura Activa, o día 22 de xullo en Sobroso, e os de maxia que protagonizarán Pedro Volta o 15 de xullo en Soutomaior e o Mago Paco o 12 de agosto en Sobroso.Tamén está cuberto o obradoiro de Pilar Alonso en Soutomaior o 19 de agosto. Si quedan algunhas localidades para o resto doseventos que no caso do mes de xullo protagonizarán de Píscore (concerto con fusión) o día 8 en Sobroso e o da compañía Trilitrate Está de grelo, o día 29 en Soutomaior. En agosto, en Soutomaior haberá sesión de contacontos con Aldaolado o día 5 , mentres que en Sobroso celebraranse obradoiros para toda a familia con Taller Abierto o día 26. E xa en setembro, haberá en Soutomaior acción escénica con Teatro Ghazafelhos, que representará A illa sen tesouro o día 1, e música con historia no espectáculo Asdomare, a cargo de Vero Rilo e Sonsoles Penadique, o 29, mentres que en Sobroso terá lugar a sesión de contacontos con Caxoto. A trastenda dos contos o día 8. As persoas interesadas poden inscribirse a co formulario na páxina web (www.depo.gal).

No caso de “Música no Ar”o venres 16 de xullo actuará Ana Belén Rodríguez Trío na praza de San Fernando de Tui, mentres que o sábado 17 o fará Vertixe Sonora  no Espazo Cara a Ría de Pontecesures e odía 23, Clara Pino (arpa e voz), e Pablo Vidal (contrabaixo) no exterior da igrexa de San Martiño de Berducido, en A Lama. Xa en agosto, a programación chegará o día 8 á Praza Maior da Cañiza, con Samudra Trío e o día 22, aos xardíns da praza de Fefiñáns de Cambados con EstefaníaCereijo(piano) e Esperanza Mara (soprano). E en setembro, os espectáculos previstos arrancan o día 5 con Suelen Estar Quartet ,no Pazo Conde de Gondomar; e continuarán co de Pulso Ensemble o día 9 nos xardíns do Castelo de Soutomaior. Amais, a praza da Igrexa de Santo André en Hío en Cangas, acollerá o venres 10 o concerto de Raíces Aéreas; e o Mosteiro de Carboeiro de Silleda o día 11, a actuación de Brais González (piano) e Beatriz Arenas (soprano) . O programa finaliza o día 18 con Odaiko Percusión, na praia fluvial do Val en Mondariz. A información de todas as actuacións figura na web da Deputación e en todos os espazos o acceso para os concertos é libre ata ocupar o aforo, excepto en Cambados e Gondomar, para os que se debe reservar en biblioteca@cambados.es e taquilla@concellodegondomar.gal. No caso do o concerto do 9 de setembro no Castelo de Soutomaior tamén hai que reservar en participa.cultura@depo.es.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad