Sthela Táboas 29/06/2021

Concretamente nos barrios de Chan da Igrexa e Cotodouro–Gandarachán

Dentro do plan de mellora da rede municipal de viais, o Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras  de pavimentación nos barrios de Chan da Igrexa, na parroquia de Pesqueiras, e en Cotodouro-Gandarachán na parroquia de Alxén.

O orzamento total foi de 57.394,79 €, que o Concello de Salvaterra de Miño financia a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Coas obras que se plantexan neste proxecto preténdese mellorar o servizo que ofrecen os camiños, xa que son viais moi empregados pol@s veciñ@s da zona, e  que nestes intres atopábanse nun estado de deterioro moi importante.

Para a pavimentación definitiva extendéronse e compactáronse máis de 2.500 m2  dunha capa de rodadura de mistura bituminosa en quente, tipo AC 16Surf 50/70, con limpeza de cunetas incluídas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad