Sabela Landín 29/06/2021
Pintar ó cine Cans

O Festival de Cans acollerá por segunda vez o Concurso “Pintar o Cine” de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade, que estará patrocinada pola empresa GALPI (Galicia de Pinturas), terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 2 de setembro.

O concurso que se realizou con enorme éxito por primeira vez no ano 2019, non se celebrou na edición pasada por motivo da pandemia. A organización estimou este ano retomar a actividade ante a mellora en materia sanitaria que se está producindo a causa da vacinación masiva da poboación. Non obstante, o día do concurso a organización cumprirá estrictamente coas normas sanitarias que estableza a lexislación vixente nese momento.

Os e as participantes pintarán unha obra in situ para desfrute do público, que poderá observar como desenrolan as súas creacións desde o comezo ata a finalización das mesmas. A temática do concurso será “Pintar o cine”, en virtude da cal os creadores e as creadoras terán que elaborar unha obra que conteña unha escena dunha película coñecida e que inclúa a silueta do can de Cans.

Os candidatos e candidatas poderán inscribirse enviando un correo electrónico a pinturarapida@festivaldecans.com con data límite, domingo 15 de agosto. As 10 propostas finalistas serán elixidas por unha comisión de persoas da organización do festival.

O xurado do concurso estará composto por tres persoas relacionadas co mundo da arte, e estará encabezado pola Directora Artística do Festival de Cans, Isis Rodríguez. As dúas mellores creacións serán premiadas da seguinte forma:

  • 1º Premio: 400€ + Estatuiña en pedra realizada polo artesano local Paco Candán.
  • 2º Premio: 200€ + Estatuiña en pedra realizada polo artesano local Paco Candán

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad