Sthela Táboas 29/06/2021

Dende a Alcaldía firmouse hoxe a orde de pago aos 45 beneficiarios desta primeira quenda de axudas para a hostalería, comercio e autónomos

A alcaldesa Eva García firmou este mediodía, por sede electrónica, as ordes de pagamento aos  primeiros beneficiarios do lote de axudas económicas directas recoñecidas polo Concello do Porriño, neste ano 2021, a establecementos de hostalería, comercio e autónomos -que as solicitaron- polo impacto dos peches derivados da pandemia.

Nesta primeira quenda, adxudicáronse axudas por un total de 60.926 € a 45 beneficiarios. Destas axudas, 30 por peche total da actividade por un importe de 42.926 €, e 15 por cese parcial da actividade, por un valor global de 18.000 €.

O destino destas axudas, segundo as solicitudes presentadas, é para pagar alugueres, hipotecas, seguros, mercadorías, subministros e gastos xerais.

Denegáronse 20 solicitudes de axudas, que xa foron notificadas aos interesados para que resolvan as deficiencias e volvan a presentarse.

Nas vindeiras semanas, haberá unha reunión do tribunal de avaliación, para outorgar novas axudas con cargo ao fondo total de 140.000 € acordados no Pleno da Corporación Municipal do Porriño.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad