Sthela Táboas 10/06/2021

Os concelleiros de Comercio e de Emprego apadriñaron a presentación da plataforma “Roombo” para reparto a domicilio no Porriño

Os concelleiros de Emprego e Novas Tecnoloxías, David Alonso, e de Comercio, Sergio Casal, apadriñaron a presentación da plataforma “ROOMBO” de reparto a domicilio que leva funcionando semana e media no Porriño. O seu franquiciado local, Alberto Parada e representantes do sector hostaleiro local asistiron ao acto informativo, celebrado esta mañá no salón de plenos do Concello.

“ROOMBO” funciona como unha aplicación que pode descargarse gratuitamente para teléfonos móbiles “IOS” ou “Android”. Permite encargar comida a domicilio e pagar a golpe de “clic”. O reparto faise con tres persoas nun radio de 8 km e de momento, hai sete establecementos do Porriño adheridos á plataforma que son: “Hamburguesería Alhambra”, “Galibar”, “Pastelería D’Carlo”, “Argentino2”, “Don Kebab”, “Pantera Rosa” e “A Tentación”.

O promotor local, Alberto Parada explicou que “é unha plataforma 360, é dicir que estamos abertos non só a restaurantes senón tamén para calquera comercio que desexe incorporarse e utilizar este escaparate para realizar as súas vendas”.

O presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño -AHOSPOR-, José Manuel Fernández subliñou “parécenos unha aplicación moi interesante xa que non ten custe engadido nin require investimento algún e tan só supón un pequeño desconto da comisión que cobra a plataforma”.

Sergio Casal felicitou ao promotor da plataforma e aos primeiros hostaleiros que se adheriron, namentres David Alonso eloxiou “a idea que mellora a competividade dos hostaleiros, a accesibilidade da veciñanza a novos servizos e que ademais crea postos de traballo”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad