Sthela Táboas 09/06/2021

O centro educativo de Alxén transformou deste xeito un simple cartel de obra nun precioso mural

A iniciativa xurdiu por parte da Alcadesa de Salvaterra,  Marta Valcárcel, membro do Consello Escolar cando, nunha das súas visitas ao colexio, propuxo transformar un cartel da Xunta de Galicia, onde se anunciaba o cambio de cuberta do centro, nun mural feito con debuxos do alumnado.

Tanto o claustro como o alumnado acolleu a proposta con entusiamo e, mediante un concurso, no que participaron tod@s @s nen@s do colexio, seleccionáronse as obras expostas no cartel que se atopa  no valado de entrada ao recinto escolar.

Con esta actividade conxunta móstrase, unha vez máis, a boa sintonía existente entre o Concello e os centros educativos do municipio.

Un dos obxectivos que se traballan anualmente no centro é, concienciar ás novas xeracións, da importancia de coidar o medio ambiente, mediante a lei dos tres erres: reducir, reciclar e reutilizar.

Esta proposta, foi unha boa oportunidade para ensinarlle ao alumnado o valor da reutilización, algo tan importante de resaltar, tendo en conta que vivimos nunha sociedade consumista.

Esta actividade colaborativa entre o Concello e o CEP Carlos Casares, nun ano tan difícil no que os nen@s tiveron que manter os grupos burbulla sen ter contacto directo cos demais compañeiros, foi moi gratificante para tod@s; pois aos elixidos fíxolles moita ilusión ver os seus debuxos inmortalizados nun lugar privilexiado do colexio.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad